Bruckner relanzará Hellraiser

672

David Bruckner (The Ritual, The Signal) ven de recebir o encargo de dirixir o vindeiro relanzamento da franquía de Hellraiser para a Spyglass Entertainment.

Ben Collins e Luke Piotrowski están a escribir o guión a partir dunha história orixinal de David Goyer, quen canda Keith Levine será pola súa banda o produtor por médio da súa compañía, a Phantom Four.

O filme orixinal de 1987 estaba baseado na novela curta de Clive Barker The Hellbound Heart e recadou nos despachos de billetes uns nada desprezábeis 14 millóns de dólares a partir dun orzamento inicial de tan só un millón. Aquel filme, e mais as súas secuelas, tiña coma eixo central a unha caixa crebacabezas co poder de invocar a uns demos do inferno coñecidos coma os cenobitas. A série acadou sona grazas ao seu gore extremo pero tamén imaxinativo.

O thriller de terror de Bruckner Night House debutou a primeiros deste ano no festival de Sundance e foi vendido á Searchlight por 12 millóns de dólares.