A Netflix ven de pechar un acordo de primeiro lance coa editorial de cómics BOOM! Studios, para produciren a partir de agora séries tanto con acción real coma de debuxos animados.
Este acordo lle dá á Netflix acceso a un dos catálogos de cómics mais salientábeis do mundo fóra dos universos da DC e da Marvel. A BOOM! posúe títulos coma Lumberjanes, Something is Killing the Children, Once & Future e Mouse Guard.
Até agora a editorial tiña un acordo coa 20th Century Studios para adaptar ao cinema The Unsound. O outro contrato que tiña, unha adaptación en debuxos animados de Mouse Guard por 150 millóns de dólares, ficou en nada despois de que a Disney absorbe-se á Fox o ano pasado. Inda vixente está o acordo para o thriller sobrenatural The Empty Man, que chegará a finais deste ano se nada o impide.
Nestes intres están a desenvolver Memetic para a Lionsgate e contan con proxectos abertos con diferentes plataformas: Amazon, HBO Max, Disney+, Peacock e CBS All Access. Ross Richie será o produtor executivo de todas as séries que se desenvolvan a partir de agora na Netflix.