Mais zombis coreáns na Netflix

512

Seica os zombis coreáns están de moda e a Netflix non-o vai deixar pasar por alto, porque ven de anunciar o desenvolvemento dunha nova série titulada All Of Us Are Dead, que será a segunda sobre zombis “made in Korea” despois de Kingdom, que ten un escenário medieval.

A nova série, con acción real, está baseada no cómic dixital de éxito Now At Our School (en coreán 지금 우리 학교는) e está ambientada nos nosos tempos. A acción céntra-se ao redor dun grupo de estudantes de secundária que deben enfrontar-se a unha situación de crise máxima ao ficaren atrapados na súa escola mentres o virus zombi toma as rúas.

Chun Sung-il é o guionista e Lee JQ e Kim Nam-su dirixirán o proxecto para a JTBC Studios e a Film Monster. Polo de agora non hai datas de estrea fixadas.