O guionista de X-Men na série de Myst

894

Ashley Edward Miller, o guionista de séries de televisión de éxito coma Andromeda, Terminator: The Sarah Connor Chronicles ou Fringe e de filmes coma X-Men: First Class, será o encargado de escribir e producir a nova adaptación á pequena pantalla do clásico videoxogo de 1993 Myst para a Village Roadshow Entertainment Group.

Miller escribirá o episódio piloto e será o showrunner da adaptación, que producirán o co-creador do videoxogo orixinal Rand Miller xunto a Ryan Miller, Isaac Testerman e Yale Rice.

O plan é contar coa mitoloxía xa existente do xogo e expandi-la para desenvolver un universo multiplataforma que inclúa o cinema, séries de televisión e concursos.

O canon de Myst ten mais de 10.000 anos de história, pero está vencellado principalmente a un conxunto de acontecementos que dan forma ao mundo cando a civilización D’ni foi descuberta nunha profunda cova no deserto de New Mexico. Os D’ni teñen o poder de escribir libros que poden vencella-los a outros mundos.

Myst foi o videoxogo para PC mais vendido de todos os tempos dende a súa aparición en 1993 e até 2002 e en total vendeu mais de 15 millóns de cópias e xerou moitas secuelas.

A Roadshow pola súa banda está a desenvolver asemade unha adaptación á tele de The Athena Protocol.