J.J. Abrams na Liga da Xustiza Escura

O vindeiro servizo de streaming da WarnerMedia HBO Max, que comezará a se emitir a partir de maio, ven de encargar a produción de dúas novas séries: a primeira é un spin-off de The Shining que se titulará Overlook, e a segunda é unha série de grande orzamento baseada nos persoaxes do Universo DC da Justice League Dark. Os dous proxectos contarán coa produción executiva de J.J. Abrams, da súa muller e parceira na Bad Robot Katie McGrath, e da Warner Bros. TV Group.

Overlook será unha série de dez episódios que presentará a algúns dos persoaxes mais emblemáticos dos thrillers de terror e explorará as aterradoras histórias nunca antes contadas dos hotéis enmeigados mais famosos da ficción nos Estados Unidos. Dustin Thomason e Scott Brown (Castle Rock) serán os guionistas e produtores executivos. O proxecto comezará a se desenvolver axiña coa participación dun grupo de guionistas que lle dean vida aos capítulos.

Os detalles do proxecto da série da Justice League Dark pola súa banda non están tan claros. O cómic ía sobre un grupo de superheroes sinistros ou máxicos da DC, entre os que se atopaban Zatanna, Deadman, a Cousa do Pantano e mais o ominipresente John Constantine. A Warners tentara facer anteriormente unha película pero esta versión para o cinema nunca chegou ver a luz.