Dan e Sam, unha de pantasmas

27

A universal está a desenvolver unha adaptación de Dan and Sam, unha novela gráfica con tema romántico e sobrenatural publicada en 2015 e orixinal de Mark Watson e Oliver Harud.

Hikari, o realizador xaponés responsábel do filme 37 Seconds que gañou o Festival Internacional de Cinema de Berlín en 2019, dirixirá a adaptación, que será escrita por Molly Smith Metzler (Orange Is the New Black).

Marc Platt e Adam Siegel serán os produtores a través da súa compañía, a Marc Platt Productions, xunto a Brian Kavanaugh-Jones e Fred Berger, da Automatik Entertainment.

Dan and Sam narra a história romántica dunha parella nova que o ten todo, até que a muller, Sam, morre inesperadamente. Dan, nombergantes, descubre que o amor transcende o mundo físico cando Sam é autorizada a visita-lo unha noite cada ano. Pero as visitas só durarán até que Dan se namore outra vez.

O proxecto estaba até agora nas mans da Amblin.

Rian Cahill será o produtor executivo, mentres que Sara Scott e Lexi Barta encargarán-se de supervisar o proxecto no nome da Universal e Ryan Christians fará o mesmo para a Marc Platt Productions.