A ABC desenvolve Fables

0
191

A série fantástica da DC Comics Fables vai ser adaptada nun episódio piloto pola canle de televisión americana ABC.

O proxecto fantástico, baseado no cómic creado por Bill Willingham e editado polo selo Vertigo da DC Comics, trata de persoaxes dos contos de fadas e do folklore clásico que viven no exílio no New York actual.

Os creadores e produtores executivos de Six Degrees Stu Zicherman e Raven Metzner están a escribir o guión para facer un drama dunha hora de duración para a Warner Brothers TV. David Semel será o director de Fables.

Zicherman e Metzner non quixeron detallar en que persoaxes dos contos de fadas se centrarán os episódios da série, pero dixeron que o Lobo Malo e Brancaneves, que son persoaxes centrais dos cómics, terán un papel semellante na série.