Leslye Headland en Star Wars

A guionista e directora Leslye Headland, a co-creadora e showrunner da aclamada série Russian Doll da Netflix, dará un grande chimpo na súa carreira grazas ao servizo de streaming da Disney+ que ven de lle ofrecer a creación dunha série dentro do universo de Star Wars.

Os detalles da história polo de agora non se deron a coñecer, pero seica contará cunha protagonista feminina e terá lugar nun lugar distinto do universo, sen conexión con outros proxectos. Headland será tanto a guionista coma a showrunner da série.

Leslye Headland criou-se nun fogar estritamente relixioso e considera que Fight Club, o filme de David Fincher, é a razón pola que ten a necesidade artística de facer brincadeiras sobre o que é doloroso. O seu traballo céntra-se en personaxes femininos e en retratar ás mulleres e as súas experiéncias dun xeito veraz. Até Russian Doll nunca fixera nada no terreo da fantasía ou a ciéncia-ficción.

A série en todo caso unirá-se en Disney+ a The Mandalorian, á de Obi-Wan Kenobi con Ewan McGregor e á de Cassian Andor con Diego Luna.