Jonny Campbell, o recente director da minisérie da BBC One e Netflix Dracula, será o encargado de adaptar ao cinema a novela de ciéncia-ficción Cold Storage para a Paramount Pictures.
Escrita polo guionista de Jurassic Park e Mission: Impossible, David Koepp, quen ademais adaptará a súa própia novela, a história conta coma protagonista a un axente do Pentágono chamado Roberto Díaz, encargado de investigar un ataque terrorista bioquímico.
Cando Díaz chega, atopa algo moito peor: un organismo capaz de mutar e que pode causar a extinción da humanidade. Despois de poder conte-lo e soterra-lo nun almacén de frío no fondo dunha base militar abandoada durante décadas, o espécime escapa e comeza a causar unha vaga mortal que só Díaz sabe como deter.
Koepp e Gavin Polone serán os protagonistas. Campbell fixo-se cunha salientábel carreira na televisión dirixindo episódios de séries coma Doctor Who, Spooks, In the Flesh ou Informer.