O realizador noruegués André Øvredal ven de pechar un acordo polo que regresará coma director á secuela do filme de terror para adolescentes Scary Stories to Tell in the Dark para a eOne e a Paramount Pictures.
Os guionistas do primeiro filme, Dan Hageman e Kevin Hageman, tamén regresarán para escribir o libreto baseado nun conto de Guillermo del Toro, que foi o produtor da película orixinal.
Baseada na série de contos de Alvin Schwartz, o filme do ano pasado estaba ambientado en 1968 nunha pequena vila americana onde unha rapaza converte a súa torturada vida nunha série de histórias de medo, escritas nun libro capaz de transcender o tempo. O libro é descuberto mais tarde por un grupo de adolescentes.
Scary Stories to Tell in the Dark estreou-se en agosto de 2019 e recadou 108 millóns de dólares en todo o mundo. O argumento para a secuela polo de agora non se deu a coñecer.