A Sociedade Beneditina da Hulu

26

Ryan Hurst, Kristen Schaal, MaameYaa Boafo, Gia Sandhu, Mystic Inscho, Emmy DeOliveira, Seth Carr e Marta Timofeeva veñen de se facer cos papéis protagonistas na vindeira série que adaptará á tele The Mysterious Benedict Society na Hulu e a 20th Century Fox Television. No reparto xa figuraban os nomes de Tony Hale coma Mr. Benedict e Mr. Curtain.

A história está baseada nunha novela para adolescentes de 2007 escrita por Trenton Lee Stewart, e vai sobre catro orfos (Inscho, DeOliveira, Carr e Timofeeva) que son recrutados por un excéntrico benfeitor (Tony Hale) para iren nunha misión secreta.

Os rapaces infíltran-se nun instituto de educación privado coñecido simplemente coma “O Instituto”, e alí ten lugar unha história na que non fallan ramificacións globáis, mentres van creando unha família de seu.

O proxecto será adaptado para a televisión polos guionistas de The Invitation e R.I.P.D. Matt Manfredi e Phil Hay, que tamén serán os produtores executivos. Darren Swimmer e Todd Slavkin serán os showrunners e produtores executivos.