Genevieve O’Reilly e Denise Gough son polo de agora as últimas incorporacións á série precuela de Rogue One: A Star Wars Story que o servizo de streaming Disney+ está a preparar, enfocado no persoaxe de Cassian Andor interpretado por Diego Luna.
A série centrará-se no devandito oficial de intelixéncia da Alianza Rebelde cinco anos antes dos acontecementos do filme que se estreou en 2016. Stellan Skarsgard e Kyle Soller son os outros actos xa confirmados para o reparto.
O’Reilly repetirá o seu papel de Mon Mothma, a espelida política que traballaba para se opoñer ao Império e que axudou a fundar a Alianza Rebelde.
Polo de agora non hai datas para o comezo da produción, que conta con Tony Gilroy coma showrunner xunto ao seu irmán Dan Gilroy e Beau Willimon na equipa de guionistas. Tony Gilroy dirixirá ademais o episódio piloto e posibelmente o segundo tamén.