Arrepíos na tele

598

A Scholastic Entertainment, a Original Film e mais a Sony Pictures TV están xa a preparar unha série con acción real baseada en Goosebumps, a saga de libros de terror para adolescentes de R.L. Stine.

Goosebumps é unha das séries de libros mais vendidos de todos os tempos, con mais de 350 millóns de exemplares publicados tan só en inglés, e aos que hai que sumar as edicións noutros 32 idiomas.

A saga de libros ca fora levada á pequena pantalla nos anos 90 nunha série de acción real que foi número un durante cinco anos consecutivos. Contiña histórias de nenos que se atopaban en situacións misteriosas e de medo, normalmente cun elemento sobrenatural de fondo. Ademais a franquía contou con dous filmes para o cinema, que se estrearon en 2015 e 2018 respectivamente.

A nova série contará coa produción executiva de Iole Lucchese, Caitlin Friedman, Neal H. Moritz e Pavun Shetty.