Gillan loita a morte co seu clon

22

A actriz inglesa Karen Gillan (Jumanji: The Next Level, Avengers: Endgame) será a protagonista principal de Dual, o novo filme de ciéncia-ficción da XYZ Films, no que xa participan no reparto Aaron Paul, Beulah Koale, Martha Kelly e mais Jesse Eisenberg.

Gillan interpretará a unha muller cunha enfermidade terminal que opta por un procedemento de clonaxe para lle facer mais doado o final á súa família e amigos. Pero cando se recupere milagrosamente, os seus intentos para que retiren ao seu clon (a quen tamén interpreta ela mesma) fallarán e a levan a un proceso xudicial que remata cun duelo a morte entre ambas.

Riley Stearns (The Art of Self Defense) é o guionista, director e produtor do filme, que polo de agora non ten datas para comezar a rodaxe.