Kurtzman desenvolve unha nena telepática

A Secret Hideout, a compañía de Alex Kurtzman, está a desenvolver unha série que adaptará á tele a novela de ciéncia-ficción de Jackson Ford The Girl Who Could Move Sh*t With Her Mind.

A história vai sobre Teagan Frost, unha muller con poderes telequinéticos que traballa nu grupo secreto do governo para misións de interceptación que ningún outro ser humán podería levar a cabo. Cando apareza un cadáver no lugar do seu último traballo, asasinado dun xeito que só ela podería ter cometido, se lle darán 24 horas para que limpe o seu nome e evite que Los Angeles se converta no centro dunha batalla subterránea que está por estoupar.

A escritora Maria Lewis calificou a obra coma “unha mistura de Alias con X-Men nunha suxa Los Angeles“. Kurtzman, que está a producir Star Trek: Discovery e Star Trek: Picard para a CBS Television Studios, está nas primeiras fases de desenvolvemento deste proxecto. El e mais Heather Kadin serán os produtores executivos.