O Mundo Disco adaptado á tele

Discworld, a famosa saga de novelas cómicas de fantasía de Terry Pratchett, vai contar axiña cunha adaptación para a pequena pantalla.

A compañía produtora Narrativia ven de se facer cun acordo exclusivo de desenvolvemento coa Motive Pictures e a Endeavor Content para facer unha série que versione na tele esta franquía.

Polo de agora non se sabe cal dos libros será o primeiro que sexa adaptado, pero a saga de novelas vendeu no seu conxunto mais de 100 millóns de exemplares en todo o mundo e cando Pratchett morreu en 2015 completara mais de 40 tomos ambientados neste particular universo.

Unha cousa que ficou clara no proceso de negociación é que as versións serán “totalmente fieis” ás obras orixinais de Pratchett. O seu libro Good Omens foi xa adaptada pola BBC Two e a Amazon nunha minisérie o ano pasado, e tres das súas novelas do universo de Discworld chegaron ás pantallas da televisión a finais dos anos 2000: Hogfather, The Colour of Magic e Going Postal.