As orixes de Optimus Prime e Megatron

585

Após de gañar un Oscar ao millor filme de debuxos animados con Toy Story 4, o agora director Josh Cooley ven de ser contratado para un novo e cobizoso proxecto: dirixir un filme de animación que foi calificado coma “precuela a grande escala dos Transformers” para a Hasbro e mais a Paramount.

O proxecto seica será unha história das orixes dos Transformers, que ten lugar en Cybertron, o planeta de onde veñen os robots, e o filme irá sobre a relación entre Optimus Prime e Megatron.

Andrew Barrer e Gabriel Ferrari (Ant-Man and the Wasp) escribiron o guión para o filme, que non gardará relación coa série de cinco películas cos mesmos persoaxes e co recente spinoff de Bumblebee. Nestes intres Cooley supervisa un guión definitivo canda os escritores.

Cóida-se que unha película de debuxos animados a grande escala é mais doada ca un filme con acción real nos actuais tempos de pandémia e cos cinemas pechados. Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian serán os produtores.