O episódio 17 da sexta tempada de The Flash ven de se emitir e xa só fican outros dous episódios para rematar a tempada o vindeiro 12 de maio. Ao final houbo que recurtar tres capítulos, que non se puideron chegar rodar por mor da pendémia do coronavirus e non está nada claro que poidan chegar rodarse xa.
Polo de agora o problema nombergantes é outro: a ideia de regresar cunha sétima e oitava tempada estaba xa case pechada antes de que chegase o covid, pero o que vai pasar despois non se sabía. A cadea quere continuar adiante, pero o protagonista Grant Gustin ten contrato só até o final da sétima tempada. As conversas para a oitava e a novena estaban no aire, pero as discusións ficaron paralizadas.
Gustin explicou o seu punto de vista e todo semella indicar que está disposto a pasar páxina: “As conversas para engadir unha oitava e novena tempada realmente xa comezaran, pero entón aconteceu esta pandémia e todo parou-se. Non sabemos cando imor volver, e eu non seu cando imos continuar coa renenegociación“.
E engade: “Eu tiña fe dende o comezo en que o programa ía estar no aire moit otempo. hai moitas cousas que me perdín. The Flash foi moi abraiante, pero xa levamos seis anos e os pasados catro veráns tiven un proxecto que se caiu por mor de Flash. Hai unha chea de oportunidades que deixamos pasar por mor de conflitos de calendário. Simplemente non-o podes ter todo“.
O actor de 30 anos participou nun podcast no que confesou os seus problemas cos ansiedade e a depresión dende que era moi novo, unha ansiedade que non axudaron a curar os comentários dos fans que o criticaron por estar demasiado fraco en 2018.