Christy Hall, a co-creadora de I Am Not Okay With This na Netflix, ven de ser contratada para adaptar ao cinema a novela The Girl Who Loved Tom Gordon, publicada en 1999 por Stephen King, para a Village Roadshow Pictures.
A história vai sobre unha rapaza de 12 anos, Trisha McFarland, que se sae do camiño mentres ela, o seu irmán e mais a súa recén divorciada nai fan sendeirismo nos Montes Apalaches. Perdida durante días coa soa compaña da súa rádio, comeza a fantasear con que o pitcher dos Boston Red Sox virá a salva-la. Pero hai algo perigoso que tamén está a seguir os pasos de Trisha a través dos escuros bosques. Algo que ten moita fame.
Jon Berg producirá o proxecto xunto a Roy Lee, Christine Romero e Ryan Silbert.