Espía Contra Espía

426

Rawson Marshall Thurber, o responsábel de Dodgeball e Skyscraper, ven de ser contratado para dirixir a longamente agardada adaptación ao cinema da emblemática série de cómic Spy vs. Spy para a Warner Bros. Pictures e a Imagine Entertainment.

Aparecida na revista Mad e creada en 1961 por Antonio Prohias, o cómic ía sobre o Espía Negro e o Espía Branco, quen tentaban matar-se o ún ao outro mediante complicadas trampas dignas do Coyote.

Ron Howard e Brian Grazer tentaran desenvolver o proxecto orixinalmente coma médio para que Howard dirixira unha versión co-escrita por David Koepp e John Kamps. Esa versión xa está esquecida, pero Howard e Grazer aínda están a bordo coma produtores.

A série de cómic foi adaptada anteriormente a un videoxogo e mais a unha série de debuxos animados.