Solpor, récord en España

764

Solpor (Twilight), o filme dirixido por Catherine Hardwicke que se estreou o pasado 5 de decembro en España, atinxiu a data de hoxe mais de 5 millóns de euros alzando-se asi co número un no despacho de billetes desta fin de semana.

O filme, baseado na novela homónima de Stephenie Meyer, acadou a millor apertura do primeiro fin de semana de decembro dos últimos 5 anos, e o cuarto millor resultado do ano superando a Quantum of Solace e High School Musical 3, e por atrás de superéxitos coma o último de Indiana Jones.

Solpor estreou-se nos Estados Unidos o pasado 21 de novembro, recadando na sua primeira fin de semana 70,5 millóns de dólares e actualmente supera xa os 150 millóns. O venres da estrea marcou a 15ª millor apertura da história do cinema con 36 millóns de dolares, convertíndo-se na segunda millor apertura da história rexistada no mes de novembro, despois de Harry Potter e o Cáliz de Lume. Por se fose pouco, a fita conseguiu ser a mellor apertura da história do cinema dunha directora.

Dirixida por Catherine Hardwicke, este filme de vampiros dirixido ao público adolescente está protagonizado por Kristen Stewart e Robert Pattinson.