Unha série de Under the Skin, en preparación

895

A compañía internacional de financiamento e produción de cinema e televisión Silver Reel ven de derrotar á A24 nunha poxa por se facer cos dereitos sobre Under The Skin, a película de ciéncia-ficción de culto de Jonathan Glazer de 2013.

A Silver Reel financiara o filme orixinal, que aínda que acadou críticas moi positivas, foi un fracaso nos despachos de billetes. Dende entón, a Film4 e a BFI tentaran crear unha série de televisión baseada na fita.

A CEO da Silver Reel, Claudia Bluemhuber, dixo que a série beberá principalmente da novela orixinal de Michel Faber na que se baseou a película, pero que asemade será moi respeituosa coa longametraxe de Glazer: “Temos guionistas en mente e estamos a falar con árias axéncias de escritores nestes intres. Gostaríamos que o guionista fose inglés“.

A película orixinal acadou prémios e boas críticas pola súa história sobre un álien, interpretado por Scarlett Johansson, que ataca aos homes en Escócia. O website Rotten Tomatoes calificouna cun 85% de aprobación e levou cinco estrelas por parte de xornais coma The Guardian e The Daily Telegraph. Este último calificou ao filme coma “obra mestra”.