Os Arquivos de Fury ábren-se o 15 de maio

A Marvel ven de anunciar o lanzamento de Fury Files no servizo de streaming da Disney+ a partir do vindeiro 15 de maio, un proxecto que semella realizado a toda presa coa intención de encher o enorme burato de contido orixinal que padece o servizo.

A série estará enfocada en vários heroes e superfalcatruáns da Marvel usando movemento a partir dos debuxos dos cómics e de séries de debuxos animados coma Avengers: Earth’s Mightiest Heroes ou X-Men: The Animated Series.

Segundo di o comunicado de prensa, “non te debería abraiar que Nick Fury teña arquivos de cadaún dos superheroes da Marvel. Fury Files dará acceso aos espectadores a información de alto segredo da S.H.I.E.L.D. sobre heroes e viláns clave da Marvel. Todo isto será narrada nada menos que polo misterioso Fury, unindo unha mistura de animación e debuxos dos cómics! Esperas descargarte unha chea de información sobre cada heroe? Fury vai-te axudar“.

Esta estrea prodúce-se unha semana antes da chegada da segunda tempada da série de debuxos animados Marvel’s Future Avengers que será o 22 de maio.