Taika Waititi confirmado para a nova de Star Wars

618

Xa é oficial, o gañador dun Oscar Taika Waititi (Jojo Rabbit) será o director e co-guionista da vindeira entrega da saga de Star Wars, que será a décima.

O sítio Web oficial da popular franquía galáctica fixo o anúncio confirmando deste xeito os rumores que levaban meses circulando. Waititi co-escribirá o guión xunto á nominada ao Oscar Krysty Wilson-Cairns (1917, Last Night in Soho).

Esta non será de todos os xeitos a primeira vez que Waititi deixe a súa pegada en Star Wars, porque xa foi o director do aclamado episódio final da primeira tempada de The Mandalorian na Disney+. A série está nestes intres en post-produción para a súa segunda tempada.

Mentres tanto, a guionista nominada ao Emmy Leslye Headland (Russian Doll) está a desenvolver unha série aínda sen título ambientada no universo de Star Wars para o mesmo servizo de streaming, que ela mesma escribirá, producirá e do que será a showrunner.