O Solpór continúa no Sol de Medianoite

1335

Quince anos despois da publicación da primeira novela da saga de Twilight, a escritora Stephanie Meyer ven de anunciar que o vindeiro 4 de agosto sairá á venda a súa novela de acompañamento Midnight Sun.

A saga orixinal, composta por catro libros, ía sobre a adolescente Bella Swan, pero esta nova entrega narrará a história a través dos ollos do vampiro Edward Cullen.

Midnight Sun ía ser publicada orixinalmente en 2008, pero o lanzamento cancelou-se despois de que un manuscrito parcial se filtrase online. Agora a novela lanzará-se completa a través da editorial Hachette Book Group.

Os cinco filmes aos que deu orixe a catriloxía orixinal contaban cun reparto formado por Kristen Stewart, Robert Pattinson e Taylor Lautner, e deron á distribuidora Lionsgate unha das súas meirandes e mais rendíbeis franquías da súa história. A adaptación ao cinema de Midnight Sun é aínda posíbel segundo o contrato, pero xa requeriría novos actores.