O creador de The Haunting of Hill House e director de Doctor Sleep, Mike Flanagan, será o encargado de adaptar á televisión a novela The Midnight Club de Christopher Pike, publicada en 1994, nunha nova série da Netflix.
A história está ambientada en Rotterdam Home, un hospício para adolescentes enfermos termináis. Un grupo de pacientes comeza a se reunir á medianoite para compartir histórias de medo, e finalmente chegan a un pacto: o que morra primeiro entre eles contactará co resto dende o alén.
O mesmo que fai a continuación de Hill House, The Haunting of Bly Manor, que se vai basear non só na emblemática obra de Henry James Turn of the Screw senón en diversos elementos doutras novelas do mesmo autor, The Midnight Club fará algo semellante e incorporará ao seu argumento persoaxes e situacións doutras novelas de Pike.
Flanagan e Leah Fong (The Magicians, Amazing Stories) son os creadores e produtores executivos desta série. Trevor Macy e Julia Bicknell serán igualmente produtores executivos, mentres que Elan Gale, James Flanagan e Chinaka Hodge ocuparán-se dos guións.
Flanagan é asemade o creador da vindeira série da Netflix Midnight Mass, que tivo que suspender a súa produción por mor do Covid-19, pero que tentará continuar unha vez que reciba o visto bó. The Haunting of Bly Manor pola súa banda chegará ao servizo de streaming a finais deste ano.