A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos sobre 2084, un libreto orixinal de Mattson Tomlin, o mesmo autor do guión da vindeira película de Matt Reeves The Batman.
O proxecto descríbe-se coma unha “irmá espiritual” da obra mestra de George Orwell 1984, a clásica novela sobre un estado totalitário cheo de propaganda e vixiláncia constante liderado polo Irmán Maior. Tamén seica tería un tón semellante á Inception de Christopher Nolan e ao de The Matrix das irmás Wachowski. Lorenzo di Bonaventura (Transformers, G.I. Joe) será o produtor.
Tomlin escribira con anterioridade un guión para adaptar na Amazon o cómic Fear Agent e mais o videoxogo Mega Man.