O cinema perde espectadores por mor de Halo 3

806

A indústria cinematográfica americana xa non sabe o que facer para excusar-se e ven de acusar directamente ao videoxoego supervendas Halo 3 (da consola Xbox 360 de Microsoft), lanzado en todo o mundo a finais de setembro, da baixada de espectadores que sufriron as salas de cinema do país este mes.

Os mozos non van ao cinema por xogar na casa con Halo 3, segundo a indústria do cinema. Os seus ingresos foron duns 90 millóns de dólares na primeira fin de semana de outubro, un 27% menos do que se ingresou en 2006, o que supón a billeteira máis pobre dende outubro de 1999.

Segundo a indústria, o público do xogo Halo 3 comprende a mozos de entre 18 e 34 años, un espectro que coincide coa audiéncia maioritária das salas de cinema.

Con este dato queren dar a entender que os habituais espectadores do cinema deixaron de acudir ás salas por ficar na casa xogando á consola.

Pola sua banda, Microsoft pide a Hollywood que se preocupe por coidar a calidade dos guións das suas películas no canto de acusar a outros sectores do entretimento dos seus fracasos.