Romanek ten medo do Lobishome

0
201

Mark RomanekMark Romanek, que estaba á fronte do proxecto para facer o remake do clásico da Universal O Lobishome, ven de abandoar o barco.

Romanek (One Hour Photo) presentou várias queixas aos estudos ao respecto do tempo de produción e mais do orzamento, mália ter 100 millóns de dólares ao seu dispór (o filme só custará 85 millóns de dólares por aforro de impostos ao se rodar en Inglaterra). Ademáis cítan-se coma sempre as habituais “diferéncias creativas” coma causa da ruptura.

A nova versión de Wolf Man, escrita por Andrew Kevin Walker (Sleepy Hollow), tiña previsto o comezo da rodaxe en marzo, e a data de estrea era en 2009. Benicio Del Toro, Anthony Hopkins e Emily Blunt están entre o reparto. Agárda-se agora que a Universal dea a coñecer o nome do novo director a finais desta mesma semana.