Eric Roth planea unha de CF

0
240

Eric Roth (O curioso caso de Benjamin Button, The Postman) ven de revelar que está desexando rodar unha grande produción de ciéncia-ficción no futuro.

Vou facer unha grande do espazo… non quero dicir unha odiseia… iso xa está feito, senón unha película do espazo para a Warner Brothers e quero escomezar para… non sei… se cadra para o ano que ven“, dixo Roth.

Roth engadiu que é unha ideia orixinal del na que quere misturar a intelixéncia de 2001 e mais a mitoloxía da Guerra das Galáxias. “Non quero face-la tan intelectual que resulte confusa, pero por outra banda non estou tan seguro de que poida escribir a clase de marabillosa fantasía que fai Lucas“, confesou o guionista.

Por suposto que ainda non é algo seguro: “Coido que será grande. Teño unha ideia. É unha ideia boísima, seino. Se podo ou non face-lo, non-o sei“.

Roth ven de rematar o guión de Extremely Loud and Incredibly Close, está por facer a reescritura de Hatfield/McCoy’s para a Plan B, e está vencellado ao proxecto da adaptación da novela de Erik Larson The Devil in the White City.