Leterrier dirixe a secuela de Bright

340

O máximo responsábel do filme The Incredible Hulk, o francés Louis Leterrier, está a negociar a súa entrada coma director dun proxecto que será unha secuela de Bright, o filme fantástico de 2017 da Netflix.

Leterrier faría-se deste xeito co posto que até agora era do director de Suicide Squad, David Ayer, que foi o responsábel do filme orixinal e que tiña previsto facer ademais a secuela. Ayer ficará en todo caso a bordo do proxecto coma produtor e coguionista canda Evan Spiliotopoulos e T.S. Nowlin.

Agárda-se que Will Smith e Joel Edgerton repitan os seus papéis protagonistas, unha parella de detectives do departamento de policía dunha fictícia cidade de Los Angeles chea de fadas, orcos e elfos. O filme fora o primeiro proxecto de alto orzamento da Netflix (custou ao redor dos 90 millóns de dólares) e aínda que non colleitou boas críticas, foi ún dos mais vistos da plataforma.

Leterrier non é novo no mundo das fadas porque ven de rematar a primeira tempada de The Dark Crystal: Age of Resistance tamén para a Netflix.