Blunt e Johnson, Bóla e Cadea

37

As estrelas de Jungle Cruise, Dwayne Johnson e Emily Blunt, van-se reunir unha vez mais para protagonizaren a vindeira película de superheroes Ball and Chain. Nestes intres o proxecto está-se a vender entre os estudos, incluíndo á Netflix, pero non hai ningún acordo pechado.

A guionista nominada ao Oscar Emily V. Gordon (The Big Sick) escribiu unha adaptación da série de cómic homónima dos anos 90 orixinal de Scott Lobdell e que vai sobre un matrimónio que está a pasar problemas na súa relación. Ambos teñen superpoderes, pero estes só funcionan cando están xuntos.

Johnson e Blunt serán os produtores xunto a Kevin Misher e Dany e Hiram Garcia. O proxecto estivo a piques de se converter en série de televisión nun par de ocasións, sen que finalmente fose posíbel. A última vez que se intentou foi en 2010 na canle Syfy.