O Revival de Flanagan

O director e guionista de Doctor Sleep e Gerald’s Game, Mike Flanagan, e mais o produtor Trevor Macy van-se reunir unha vez mais para faceren unha terceira adaptación ao cinema dunha obra de Stephen King. Nesta ocasión será a novela Revival de 2014 para a Warner Bros. Pictures.

O libro vai sobre a relación dun músico adicto á heroína cun mais ca dubidoso pastor, un sanador espiritual que ten motivos ocultos. O predicador está obsesionado coa ideia de atopar un xeito de se comunicar coa súa muller e o seu fillo mortos, pero todo remata conectándo-se cun horror lovecraftián.

Flanagan está a escribir o guión gardándo-se a opción de dirixi-lo el mesmo. Tanto el coma Macy serán os produtores en calquera caso. Josh Boone, o director de The Fault in Our Stars e da vindeira The New Mutants, xa tentara adaptar a novela anteriormente, pero o seu proxecto non chegou coallar. Boone está agora mesmo a traballar na adaptación á tele de The Stand, neste caso en forma de minisérie.

A parella Flanagan/Macy tamén é responsábel da exitosa série de Netflix Haunting of Hill House, que terá unha continuación nos vindeiros meses.