O Profeta chega ao cinema

577

O creador das séries Arrow e DC’s Legends of Tomorrow, Marc Guggenheim, ven de recibir o encargo de escribir a adaptación para o cinema do título Prophet, unha série orixinal da Image Comics, para Studio 8.

O obxectivo de Guggenheim é construír unha franquía ao redor do persoaxe de John Prophet, un supersoldado da Segunda Guerra Mundial tratado con ADN millorado que é encerrado nunha cápsula crioxénica para poder cumprir misións no futuro. O soldado esperta antes de tempo no noso presente e busca unha misión que non existe, antes de poder recuperar a súa humanidade.

O creador de Deadpool, Rob Liefeld, inventou a este persoaxe en 1992 e será o produtor do proxecto xunto a Adrian Askarieh, Brooklyn Weaver, John Hyde e Terissa Kelton.