O larpeiro da Netflix

642

A Netflix ven de encargar a realización dunha série de 8 capítulos con acción real e baseada no persoaxe de cómics Sweet Tooth, creado por Jeff Lemire para a DC Vertigo Comics. A produción correrá a cargo da Warner Bros. Television.

James Brolin prestará a súa voz ao narrador, mentres que Will Forte (MacGruber), Adeel Akhtar (The Big Sick), Nonso Anozie (Game of Thrones) e Christian Convery (Beautiful Boy) serán os protagonistas.

Robert Downey Jr., Susan Downey, Amanda Burrell e mais Linda Moran serán os produtores executivos dun proxecto que se describe coma “para todos os públicos” e que narrará as aventuras de Gus, un neno con cornos de cervo, quen após da morte do seu ultrarrelixioso pai deixa a súa casa do bosque en Nebraska para explorar o mundo que hai fóra, destruído por unha pandémia apocalíptica causada por un virus descoñecido.

Gus úne-se a unha estraña família de híbridos entre animais e humáns, coma el mesmo, á procura de respostas sobre este novo mundo e o mistério das súas própias orixes.

Jim Mickle (Hap and Leonard) e Beth Schwartz (Arrow) serán os guionistas, os produtores executivos e os showrunners. Mickle será ademais o director.