Katee Sackhoff no Mandalorian

Katee Sackhoff, unha das protagonistas de Battlestar Galactica, e a quen vimos mais recentemente en The Flash no papel da supervilán Blacksmith, ven de se unir ao reparto da segunda tempada de The Mandalorian no servizo de streaming da Disney+.

Sackhoff interpretará a unha versión de Bo-Katan Kryze, a guerreira mandalorián a quen xa lle prestara a súa voz nas séries de debuxos animados Star Wars: The Clone Wars e Star Wars Rebels.

Bo-Katan é coñecida por ser a portadora do Sabre Negro, a arma vista no episódio final da primeira tempada de The Mandalorian nas mans de Moff Gideon. Sackhoff seica rodou a súa parte en febreiro antes de que Hollywood pechase todas as producións por mor da pandémia do covid.