O escritor da saga de Percy Jackson and the Olympians, Rick Riordan, ven de anunciar nun vídeo publicado na súa conta de Twitter que o servizo de streaming da Disney+ está a desenvolver unha série de televisión baseada nos seus populares libros de fantasía para adolescentes.
O conxunto da obra abrangue cinco novelas e dúas séries secuela. A 20th Century Fox produciu xa en 2010 e 2013 dúas longametraxes protagonizadas por Logan Lerman no papel do persoaxe central, o fillo do deus grego Poseidón, pero as novelas xeraron ademais versións en formato de cómic e videoxogo e en total venderon 69 millóns de cópias en 35 países.
Os filmes presentaron persoaxes que medraron dende os 12 até os 16 anos, pero a série que agora se prepara sería mais fiel ás fontes orixinais e tentaría adaptar un libro por tempada, comezando por The Lightning Thief o primeiro ano.
Riordan dixo que el e mais a súa dona Becky estarán vencellados “a todas as fasquías do programa“.