Stevenson: de Panda a We3

0
200

John Stevenson (Kung Fu Panda) será o director de We3, un filme baseado na minisérie de cómics homónima que apareceu baixo o selo da Vertigo na DC Comics.

Cun guión de Grant Morrison, que adaptou o material de seu, a história de acción e hiper-violenta céntra-se en tres animais de laboratório (un can, un gato e mais un coello) a quen lles proporcionaron prototipos de traxes de combate equipados con moitas armas.

Mália estar protagonizada por animais, o cómic non ten ren de infantil: grazas a chips implantados nos seus cráneos, os animais poden falar. Este trío acada a liberdade e We3 narra a história do seu perigoso regreso a casa.