Alan Taylor, o realizador de Thor: The Dark World e tamén responsábel de vários episódios de Game of Thrones, ven de asinar o contrato polo que pasará a sentar na cadeira de director do episódio piloto que adaptará á pequena pantalla a clásica saga de libros de ciéncia-ficción Ringworld de Larry Niven.
A história orixinal, publicada por primeira vez en 1970, narra as aventuras de Louis Gridley Wu, quen está a celebrar o seu 200 aniversário nunha Terra tecnoloxicamente moi avanzada no futuro distante, pero que está perpetuamente aburrido. Así pois, decide aceptar a oferta de se unir a unha muller nunha viaxe para explorar o “Ringworld”, un mundo anel artificial que xira ao redor dunha estrela alén do espazo coñecido.
Akiva Goldsman está a traballar activamente escribindo o episódio piloto para a adaptación e coma asesor de diversos executivos da Amazon e a MGM neste proxecto.