Cando se cumpre o quinto aniversário da estrea de Mad Max: Fury Road, o seu director George Miller ven de confirmar nunha entrevista que xa se prepara unha precuela centrada nunha versión mais moza do persoaxe ao que deu vida Charlize Theron naquela fita, Imperator Furiosa.
Miller confirma asemade que está á procura dunha actriz ao redor dos 20 anos que recolla o papel de Theron (quen ten 44) e espera poder facer o filme unha vez remate o seu traballo en Three Thousand Years of Longing após da actual crise do coronavirus.
Miller di: “Así que cando o rematemos, e con sorte todo se acougue após da pandémia, veremoso que nos deixa facer o mundo con Furiosa“. Miller engadiu que considerou a posibilidade de usar tecnoloxía de rexuvenecemento con gráficos xerados por computador, peroque se decidiu por lle dar o papel a outra actriz: “Durante moito tempo, coidei que poderíamos usar rexuvenecemento por computador con Charlize, pero non coido que esteamos aínda alí. Mália os valentes esforzos en The Irishman, coido que aínda hai un vale descoñecido. Todo o mundo está por resolve-lo, en particular os deseñadores de videoxogos xaponeses, pero aínda hai un val moi grande, coido“.
Miller desenvolveu unha enorme história de trasfondo para o persoaxe de Theron mentres escribía o guión de Fury Road, describindo como era a súa vida no idílico Lugar Verde, por que foi excluída do grupo de guerreiras coñecidas coma as Vuvalini, e como se converteu na dura guerreira a quen atopamos nos tempos de Fury Road.
Colin Gibson, quen regresará coma deseñador de produción, promete coches “aínda mais” tolos, e o director de fotografía John Seale seica podería volver do seu retiro para facer o filme.