A HBO Max acelera con King e Hill

A HBO Max está a dar os primeiros chanzos de desenvolvemento dun filme que adaptará ao cinema a novela curta Throttle, co-escrita por Stephen King e mais o seu fillo Joe Hill en 2009 e publicada dentro da escolma He Is Legend pola editorial Gauntlet Press para honrar a memória do lendário Richard Matheson.

A história orixinal vai sobre un grupo de moteiros liderados por un pai e mais o seu fillo, que deben enfrontar-se na estrada mais illada do país en pleno deserto de Nevada a un camioneiro sen rostro que está a aterrorizar ao grupo.

Leigh Dana Jackson (Raising Dion) escribirá o guión, mentres que David S. Goyer e Keith Levine serán os produtores. As novelas de Hill Horns, NOS4A2 e mais o seu cómic Locke & Key xa foron adaptadas ás pantallas nos últimos tempos.