Danny Boyle dirixe Matusalém

Danny Boyle Danny Boyle será o director de Methuselah para a Warner Bros. Pictures. O filme, protagonizado por Michael B. Jordan, narrará o mito bíblico dun home que vivíu case 1.000 anos. O último guión coñecido era de Tony Gilroy e James Watkins e Tom Cruise ía ser o protagonista coa ideia de lanzar unha franquía para o cinema, pero coa entrada do novo director isto último xa non está tan claro. Jordan é o produtor xunto a Boyle, Alana Mayo, David Heyman e Jeffrey Clifford.