Success is Assured

946

Isto é todo amigos! O derradeiro episódio desta tempada de The Flash, porque o corona detivo a produción, así que rematamos tres capítulos antes de tempo. E que xeito de rematar!

Barry e mais os seus amigos descobren que Eva ódia a Joseph por non rescata-la do universo espello, e por riba, vender a súa tecnoloxía aos criminosos. E agora quere vingar-se, para o que envía a Singh a queimar un almacén cheo de armas. Despois recruta ao resto dos falcatruáns: Sunshine, Ultraviolet e o Dr. Light. Joseph non ten mais remédio que se unir á Equipa Flash para se protexer. Será a axuda abondo?

Ao mesmo tempo, o episódio amósa-nos cousas nunca vistas en The Flash até agora, coma a pantalla dividida en cadriños de cómic durante as habituais pelexas a ritmo de música acelerada de violíns. Pero o que nos deixa sobre todo é unha sensación de que isto non debería ser o final, que está incompleto. E de que xeito, porque o cliffhanger é mais brutal ca nunca.

The Flash - Success is Assured
Alguén estivo a lér cómics ultimamente e decidiu que dividir a pantalla en cadriños lle daría un toque mestre ao derradeiro episódio da sexta tempada.

A continuación, se todo vai ben, e é moito supoñer, debería chegar xa o ano que ven, porque aínda que a produción puidera continuar en setembro, non daría tempo a ter os capítulos rematados até primeiros de 2021. Xa veremos se é posíbel, pero co noso superheroe favorito, o éxito está asegurado.

Total
Calificación
Artigo anteriorRuby Rose abandoa Batwoman
Seguinte artigoPilot
success-is-assuredO episódio nos deixa sobre todo unha sensación de que isto non debería ser o final, que está incompleto. E de que xeito, porque o "cliffhanger" é mais brutal ca nunca.