A Sereíña, trinta anos despois

27

O servizo de streaming da NBC Universal, Peacock, aínda non botou a andar pero xa ten anunciada unha manchea de interesantes proxectos. O mais recente é Washed Up, unha série de televisión que servirá coma secuela do clásico Den lille havfrue de Hans Christian Andersen. De feito, especificamente anúncian que este non terá ningunha relación co famoso musical para nenos de 1989 da Walt Disney.

Washed Up está ambientado quince anos despois de que a sereíña renunciara á súa cola para casar co príncipe aos 17 anos. Agora ten uns 30 e a súa vida é miserábel, sen motivacións e atrapada nun matrimónio sen amor.

Cando o seu pai morra de súpeto, ela comenza a sospeitar de que algo estraño acontece e embárca-se nunha aventura épica para salvar non só ao reino submariño senón a toda a humanidade.

A guionista e produtora Gracie Glassmeyer e a creadora de Jane the Virgin Jennie Synder Urman serán as encargadas de tirar adiante con este proxecto mentres rematan a comédia da HBO Max Here She Lies protagonizada por Yael Grobglas. Ambas séries contarán con guións da mesma Glassmeyer, que ademais será a produtora executiva.