Guggenheim escribirá Jackpot

25

Marc Guggenheim ven de ser contratado para escribir o guión de Jackpot, un filme sobre unha nai loitadora contra o crime cunha forza excepcional. O proxecto formará parte do Universo Marvel na Sony xunto a Venom e Morbius.

Jackpot é en realidade o nome compartido por dúas superheroínas, Sara Ehret e Alana Jobson, que aparecen en vários cómics da Marvel, pero principalmente nas histórias de Spiderman. Ehret é a orixinal, unha científica que traballa nunha cura para o Parkinson, cando é exposta accidentalmente ao virus Lot 777, que reescribe o seu código xenético deixándo-a nun coma durante catro meses. Ao espertar, tentará recuperar a súa vida anterior para poder estar canda súa filla Madeline.

Guggenheim, quen xa participou no desenvolvemento de Jackpot escribindo episódios xunto a Brian Reed, conta ademais coa experiéncia de adaptar á pequena pantalla persoaxes da DC en Arrow e DC’s Legends of Tomorrow. Ultimamente o seu nome aparece asociado á versión no cinema do título Prophet da Image Comics.

O proxecto en todo caso é diferente ao dirixido por S.J. Clarkson que estará enfocado en Madame Web.