Clarkson dirixirá un filme da Sony Marvel

37

A directora de televisión inglesa S.J. Clarkson (Jessica Jones) será a encargada de desenvolver o primeiro filme do Universo da Marvel na Sony centrado nun persoaxe feminino.

Polo de agora non está claro que persoaxe será o protagonista, pero os rumores apuntan a que sexa Madame Web, unha muller anciá que padece myasthenia gravis e que está conectada a un sistema de suporte vital que se asemella a unha arañeira.

Por mor da súa idade e mais da súa condición médica, Madame Web nunca loita activamente coma outros superfalcatruáns que se enfrontan a Spiderman, polo que este proxecto podería estar á procura doutros persoaxes que teñan mais escenas de acción. Polo de agora non hai ningún guionista seleccionado nin se falou de actores que participen na película. O rumor é en todo caso que os estudos queren a unha estrela de moita sona e logo contratar a un guionista.

O filme unirá-se aos proxectos de Venom e Morbius xa en marcha e que foron rematados de rodar antes do comezo da crise do covid.