Despois dun comezo entrepelante é até certo punto lóxico que pasen algúns episódios nos que a série tente explicar-se e presentar axeitadamente a todos os persoaxes e situacións, ao mesmo tempo que a acción se desenvolve con novas situacións. E isto é o que nos ofrece agora mesmo Stargirl, co máximo risco de cansar á audiéncia demasiado axiña.
Despois de descubrir a existéncia da Liga da Xustiza de América, de que o seu pai adoptivo é o derradeiro sobrevivinte e de que o Bastón Cósmico decediu-se por ela coma nova portadora, Courtney enfrónta-se neste episódio a Icicle, o pior falcatruán, capaz non só de loitar e derrotar aos superheroes, mesmo senón de traizoar aos seus camaradas e de asasinar aos seus fillos.
Unha vez que se decate de que ela soa non pode acadar a vitória, a súa nova misión será atopar aos novos compoñentes da Liga da Xustiza.