The New Deal

970

Os Axentes de S.H.I.E.L.D. abriron a súa sétima e derradeira tempada coa equipa tentando acostumar-se a unha nova era histórica antes de se enfrontar a unha ameaza demasiado familiar.

Tras un prólogo no que os Cazadores do Chronicom “borraron” e roubaron as facianas de tres policías en 1931 en New York, Daisy e Mack recuperan ao axente Coulson, agora vivo contra a súa vontade no corpo dun LMD. Unha agonía para o ex director da S.H.I.E.L.D. e unha situación pouco clara para o resto da equipa: até que punto é ético resucitar a unha persoa que non quería seguir viva?

Pero non é momento de se entreter con esas pequenas inquedanzas. Neste mundo, Mack e Daisy deben enfrontar-se non só aos falcatruáns extra-terrestres, senón ao racismo e ao machismo da sociedade americana. Polo de agora, deciden facer-se pasar por Policías Montados do Canadá.

Os axentes deben deter aos chromicóns, que queren mudar a história para evitar que a S.H.I.E.L.D. exista. Nesta tempada agardamos lóxicamente ver á axente Carter (sería unha decepción que non aparecese!) e se cadra ao Capitán América, pero polo de agora aínda é moi cedo porque é 1931, a Segunda Guerra Mundial aínda non comezou e Roosevelt aínda non é o Presidente.

Total
Calificación
Artigo anteriorIcicle
Seguinte artigoDerrickson na secuela do Labirinto
the-new-dealOs Axentes de S.H.I.E.L.D. abriron a súa sétima e derradeira tempada coa equipa tentando acostumar-se a unha nova era histórica antes de se enfrontar a unha ameaza demasiado familiar.