Derrickson na secuela do Labirinto

487

Após de renunciar a dirixir a secuela de Doctor Strange por mor de diferéncias creativas, o responsábel de Doctor Strange e Sinister, Scott Derrickson, será o encargado de dirixir outra secuela: a do clásico filme de Jim Henson Labyrinth, que se atopa nestes intres en desenvolvemento pola TriStar Pictures.

David Bowie e Jennifer Connelly lideraron en 1986 o filme orixinal, que ía sobre Sarah, unha rapaza de 16 anos encargada de coidar ao seu irmán cativo. Cando este é secuestrado, Sarah deberá rescata-lo das poutas de Jareth, o rei dos Goblins, que vive no centro dun xigantesco laberíntico. A película foi un musical fantástico, no que ademáis de Connelly e Bowie, os outros protagonistas eran os monicreques da factoría de Henson. Dende a súa estrea está considerada coma un filme de culto.

Maggie Levin, quen escribiu e dirixiu a série da Hulu Into the Dark, será a encargada do guión.

Lisa Henson será a produtora, e Brian Henson, Derrickson e C. Robert Cargill os produtores executivos.