O regreso do Ourizo

A Paramount Pictures e a Sega veñen de confirmar que están a desenvolver unha secuela da súa comédia para todos os públicos deste ano, a longametraxe con acción real Sonic the Hedgehog.

A primeira entrega ía sobre Sonic, o ourizo mais veloz do mundo mentres recibe cos brazos abertos o seu novo fogar na Terra. Sonic (a quen lle pon a voz Ben Schwartz) e mais o seu novo millor amigo Tom (James Marsden) únen-se para defender ao planeta contra o malvado xénio Dr. Robotnik (Jim Carrey), que está a confabular para dominar o mundo.

O filme estreou-se con boas críticas e mesmo acadou rachar o récord de millor recadación na súa primeira fin de semana para un filme baseado nun videoxogo. Até onde tería chegado de non ser pola pandémia xa é outra história.

A secuela reunirá de novo aos realizadores, con Jeff Fowler dirixindo e Pat Casey e Josh Miller escribindo o guión. Respecto do reparto aínda non hai ningunha decisión tomada, e tampouco a hai sobre cando poderá comezar a rodaxe.

Neal H. Moritz, Toby Ascher e Toru Nakahara serán os produtores.